Gosto de vivir a poesía – Teresa Ramiro recita “Rentes do pozo da vida”, de Ricardo Carvalho Calero

Rentes do pozo da vida espreitas as águas escuras: fitas tendendo os ouvidos ansiosos à pedra que guindas, dura e pesada pergunta que inquieta a verdade do fundo -húmida terra de lama que os pés con que pisas degoiran. Rentes…

Gosto de vivir a poesía - Teresa Ramiro recita "Rentes do pozo da vida", de Ricardo Carvalho Calero

Source

0
(0)

Rentes do pozo da vida espreitas as águas escuras:
fitas tendendo os ouvidos ansiosos à pedra que guindas,
dura e pesada pergunta que inquieta a verdade do fundo
-húmida terra de lama que os pés con que pisas degoiran.
Rentes do pozo da vida procuras da vida a verdade.
Mais a verdade e a vida son unha, e están sobre a terra.
Furan, sedentos, os ollos só águas e argilas estéreis.
Pasa, no entanto, a formosa, como unha muller en siléncio.
Ben poderías bicá-la se non tencionaras ouví-la;
pois o seu van ha cinguir-se, pois han se beijar os seus beizos
sen perguntar-lle o seu nome, que, púdica, nega ao amante,
ou que, se cadra, ela ignora, da caste da flor ventureira.
Do teu inquérito fouce, no feno enferruge-se e jaza
-farta da sega de ares- que é leito de amor ao prudente.
Non renden beizos de moza máis doces os meles do bico
porque murmullen un nome ao rogo do amante importuno.

Carvalho Calero, Ricardo (1980). Pretérito imperfeito (1927-1961). Ediciós do Castro

Recita Teresa Ramiro, participando na actividade “Gosto de vivir a poesía”, organizada pola Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán.
Información: agra@galizacultura.gal

0 / 5. 0